Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello de Cedeira organiza un obradoiro de avisiós para quentar motores de cara ao samaín máis tradicional

O CONCELLO DE CEDEIRA ORGANIZA UN OBRADOIRO DE AVISIÓS PARA QUENTAR MOTORES DE CARA AO SAMAÍN MÁIS TRADICIONAL

O Concello de Cedeira convoca un obradoiro de avisiós como anticipo da festa de Samaín que, coa colaboración de Rafael López Loureiro e da Asociación Amigos do Samaín, organiza para os días 28 e 29 do presente mes. O obradoiro vai dirixido aos nenos, será na Sala Áncora e impartirase desde o luns 24 ata o xoves 28.

Terá como obxectivo a elaboración dos disfraces cos que os máis novos poderán participar na celebración coa que se quere recuperar a visión máis tradicional e creativa do Samaín, moi alonxada da parafernalia do Halloween.

Durante a proxima fin de semana, o paseo da Mariña acollerá unha celebración rexenedadora, onde a soa presencia de caveiras e pantasmas será dabondo para conformar un tempo e un espazo lúdico no que poder asentar a nosa propia memoria etnográfica, segundo se pon de manifesto dende a administración local. Esta invita á veciñanza participar tanto coas fermosas aportacións de arte efímera que supoñen as tallas dos calacús, como disfrazándose tal como suxire a tradición: as caras emborranchadas de cisco para simular unha ánima do outro mundo, e as pantasmas brancas que tantas risas e medos causaron na Galicia dalgún tempo.