O CONCELLO DE CEDEIRA LAMENTA A PERDA DE ÁLVARO PORTO DAPENA

O Concello de Cedeira lamenta a perda de Álvaro Porto Dapena, recén nomeado fillo adoptivo do municipio.

A concelleira de Cultura, María Xosé Rodríguez Pérez, sinala que a corporación municipal era coñecedora de seu delicado estado de saúde e ese foi o motivo de que se celebrara con carácter de urxencia o pleno extraordinario para concederlle o título de fillo adoptivo.

Foi a propia concelleira quen lle comunicou a Álvaro Porto días atrás a intención do goberno de Cedeira de outorgarlle a devandita distinción, nova que foi en palabras do mesmo Álvaro Porto “unha das mellores alegrías que recibira na súa vida”.

“Descansa en paz estimado Álvaro e grazas pola túa obra e polo teu amor a Cedeira”, son os desexos e a gratitude do goberno municipal á figura e personalidade dun home moi vinculado á localidade.

Nota: As bandeiras do Concello lucirán a media ata en sinal de duelo