Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello de Cedeira da un paso máis no seu compromiso para loitar contra o cambio climático

O CONCELLO DE CEDEIRA DA UN PASO MÁIS NO SEU COMPROMISO PARA LOITAR CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

O Concello de Cedeira vén demostrando o seu compromiso -só nas últimas semanas promoveu un seminario sobre eficiencia enerxética e un foro de participación cidadá- para sensibilizar a poboación local sobre as consecuencias tanto económicas como medioambientais que xenera o cambio climático.

Agora a administración local dá un paso máis e ofrece a súa colaboración para a celebración de charlas sobre reciclaxe, enerxías renovables e aforro enerxético en aquelas entidades ou centro educativos que así o soliciten.

O concelleiro de Medio Ambiente, Camilo Casal, está á fronte desta iniciativa e tamén será a persoa que se encargará de desenvolver os contidos das ponencias. Casal pretende así que os veciños sexan conscientes da importancia que teñen algúns xestos individuais á hora de loitar o cambio climático, ademais de trasladarlles a preocupación que existe entre a comunidade cientí- fica polas consecuencias dun problema para o que xa non existe marcha atrás.

Os colexios o asociacións de Cedeira (culturais, deportivas, de veciños, Anpas…) só teñen que poñerse en contacto co responsable da iniciativa a través do Concello.

As charlas previstas son as seguintes: Reciclaxe e compostaxe, Enerxías renovables e autoconsumo eléctrico e Aforro e eficiencia enerxética : no fogar, no traballo, na condución.