O CONCELLO DE CEDEIRA CONVOCA O PRIMEIRO CERTAME GASTRONÓMICO DE TAPAS DE OUTONO

O goberno de Cedeira, a través da Concellería de Cultura e Turismo, está a organizar o concurso gastronómico Tapas de Outono, que será a última fin de semana do presente mes e ao que se invitan a participar a todos os hostaleiros da vila que así o desexen. Os interesados só terán que poñerse en contacto coa organización.

Trátase da primeira edición dun certame pensado para exalzar os produtos locais de tempada ofrecendo a veciños e visitante a posibilidade de degustalos en consumición que se servirán a modo de tapa.

A concelleira de Cultura, María Xosé Rodríguez Pérez, adiantou así mesmo que a iniciativa terá como referencia o que cada ano se celebra para dar a coñecer a calidade e característica da merluza de volanta, polo que haberá premios para os gañadores e o prezo das consumicións será razoable.

Rodríguez Pérez destaca o bon nivel da gastronomía local e considera que a celebración deste tipo de certames contribúen a súa promoción, ademais de se convertir nun reclamo máis para visitar a vila de Cedeira.