Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O CONCELLO DE CEDEIRA CELEBROU UNHA CONCENTRACIÓN A PROL DA DIVERSIDADE SEXUAL

A corporación de Cedeira e traballadores e traballadoras do Concello, así como algúns veciños e veciñas, participaron hoxe na concentración convocada polo Día da Diversidade Sexual, unha xornada que se celebra en todo o mundo para reivindicar os dereitos LGTBI. Os presentes no acto, que se desenvolveu na praza do Concello, fixeron lectura dun manifesto institucional recordando que as persoas son libres e iguais en dignidade e dereitos e expresando a vontade de traballar por un mundo con máis tolerancia.

Representantes políticos e veciñanza expresaron así a súa adhesión a esta celebración, coa que se quere profundar na democracia e contribuír a erradicar o odio e as discriminacións, cunha mensaxe unánime a prol da convivencia coa diversidade.