O CONCELLO COLABORA COA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DO CASCO VELLO NA ORGANIZACIÓN DA CITA CEDEIRAVIÑO, QUE SERÁ A PRÓXIMA FIN DE SEMANA

O Concello de Cedeira colabora coa Asociación de Comerciantes do Casco Vello na organización da segunda edición de CedeiraViño, unha cita que terá lugar os días 15 e 16 do presente mes de xullo.

O paseo da Marina acollerá a celebración dunha iniciativa na que estarán presente un total de sete distribuidores e na cobrarán especial protagonismo os caldos galegos. Así, os afamados ribeiros, albariños e godellos compartirán espazo cos viños rioxanos, de Toro e de Ribera del Duero.

“Ven y distrútalo!!!” é o lema dun programa que amplía o seu horario con respecto á primei­ra edición e modifica o sistema de participación para facelo máis operativo. Durante a xornada inaugural (sábado, día 15), os nove postos previstos permañecerán abertos ao público entre as 19.30 e as 23.00 horas, e o domingo 16, de 12.00 a 15.00 horas.

En canto á participación, como principal novidade os consumidores terán que comprar a copa, ao prezo de dous euros. Tamén estarán á venda bonos por importe de cinco e dez euros, repartidos en tíckets de 50 céntimos que terán que se entregar nos postos segundo o prezo que marque cada viño.

Os caldos tanto se poderán consumir por copa como por botella, que se poderán acompañar con racións do tradicional pastelón local, unha especialidade que suministrarán a empresa Arrivi e a confitería As Camelias.

O presidente da entidade de comerciantes do Casco Vello, Francisco Zaera, destacou a con­solidación da cita, que pasou dun único distribuidor na primera edición aos sete que haberá na que comeza o sábado. Tamén valorou os cambios introducidos porque facilitarán a asistencia e participación de veciños e visitantes. Agradeceu finalmente a colaboración do Concello, que se deixará sentir principalmente coa actuación da formación Medievándalos, a partir das 13.30 horas do domingo.

Zaera invita á veciñanza da vila e da comarca en xeral a secundar coa súa presenza a convoca­toria, que espera que sexa do agrado de todos eles.