Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello apoia a campaña do club de fútbol de Cedeira para axudar a un neno que ten síndrome de Hunter

O CONCELLO APOIA A CAMPAÑA DO CLUB DE FÚTBOL DE CEDEIRA PARA AXUDAR A UN NENO QUE TEN SÍNDROME DE HUNTER

En Cedeira o Fútbol con Adri! é o lema dunha campaña para axudar a un neno que padece unha enfermidade das chamadas raras.

A iniciativa partiu do Cedeira Sociedade Deportiva, de aí que as persoas que desexen colaborar teñan que achegarse ata a cantina do club para facer os seus donativos. A campaña comeza esta fin de semana.

O neno chámase Adri, naceu no 2014 e o ano pasado foi diagnosticado como afectado polo Síndrome de Hunter, unha doenza para a que hoxe non existe cura.

Coa fin de contribuír á investigación que axude a buscar e atopar un tratamento que faga reservible a situación que agoran viven Adri e a súa familia, o Concello de Cedeira súmase a iniciativa e colabora coa edición duns carteis que xa se están a repartir por todo o municipio.