O CONCELLO AMPLÍA O PRAZO PARA A XUSTIFICACIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA COMISIÓNS DE FESTAS PARROQUIAIS
2018

O Concello de Cedeira aprobou a ampliación do prazo de xustificación das subvencións para as comisións de festas parroquiais 2018, cuxas bases foron publicadas no BOP núm. 205 de 26 de outubro, de xeito que a data límite se prorroga ata o 17 de decembro de 2018.

O prazo de execución das actividades susceptibles de subvención se mantén no día 30 de novembro de 2018.

Na seguinte ligazón pode consultar a resolución aprobada para a apliación do prazo:

IR Á LIGAZÓN Resolución de avocación de competencias e aprobación da ampliación de plazos para a xustificación das subvencións para comisións de festas parroquiais 2018