Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello agradece a participación de agrupacións locais no programa “Música na Rúa”

O CONCELLO AGRADECE A PARTICIPACIÓN DE AGRUPACIÓNS LOCAIS NO PROGRAMA “MÚSICA NA RÚA”

O Concello de Cedeira, a través da Concellería de Cultura, quere agradecer a participación da Asociación de Acordeóns, Buxainas, Aturuxeiras e da banda Vila de Cedeira no programa “Música na rúa”, unha iniciativa municipal que finalizaba onte coa a última das actuacións na Festa do Percebe. Foi a protagonizada pola banda Vila de Cedeira.

Os responsables municipais destacan a boa disposición das agrupacións e o alto nivel das súas interpretacións para que veciños e visitantes tivesen o pracer de desfrutar da música na rúa ao longo de catro xornadas do presente mes de xullo, ademais de reiterar o seu agradecemento “por traballar tanto e tan ben”.