Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O campión de España de remo olímpico Joaquín Montero é este ano o invitado da gala do deporte de Cedeira

O CAMPIÓN DE ESPAÑA DE REMO OLÍMPICO JOAQUÍN MONTERO É ESTE ANO O INVITADO DA GALA DO DEPORTE DE CEDEIRA, QUE SERÁ MAÑÁ

Joaquín Montero Gómez, actual campeón de España de Remo Olímpico e membro da Federación absoluta en dito deporte, será este ano o invitado á XVII Gala do Deporte de Cedeira que se celebrará mañá venres no pavillón polideportivo municipal.

A convocatoria dará comezo ás 21.00 horas e estará presidida polo alcalde, Pablo Moreda Gil, e polo concelleiro de Deportes, Nicolás Vergara, entre outros membros da corporación cedeirense.

No transcurso da Gala será elixido o Mellor Deportista Cedeirense do Ano, haberá mencións especiais e serán premiados máis de trinta deportistas locais nas disciplinas de natación, triatlón, atletismo, deporte adaptado, karate, fútbol e remo.