Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

MOREDA GIL DESTACA O ENRIQUECEMENTO MUTUO DA VISITA DOS REPRESENTANTES DO MUNICIPIO MAJORERO DE PÁJARA

O alcalde de Cedeira, Pablo Diego Moreda Gil, e a concelleira de Turismo, Carmela Prieto, estivo a compartir neste luns 19 de abril unha xornada de traballo con autoridades locais do Ayuntamiento de Pájara e a un representante do Cabildo de Fuerteventura, que realizan unha viaxe a este municipio e ao de Valdoviño (alí estarán hoxe) co interese de coñecer e intercambiar experiencias de xestión en materia turística. Moreda Gil expresou o agradecemento do Concello polo interese dos majoreros e subliñou “a aprendizaxe mutua que sempre facilitan deste tipo de encontros, nos que atopamos puntos en común entre as nosas economías locais e fórmulas acaídas para traballar a prol da desestacionalización do turismo, a posta en valor dos recursos materiais e inmateriais dos nosos municipios e novas ideas coas que mellorar a xestión”.

O Palacete Municipal acolleu onte a recepción á comitiva canaria, formada polo alcalde do Ayuntamiento de Pájara, Pedro Armas Romero, o concelleiro de Tráfico, Policía e Praias, Raimundo Dacosta Calviño, e o secretario do Cabildo Insular de Fuerteventura, Miguel Ángel Rodríguez Martínez. Alí compartiron xa información sobre a importancia do turismo na economía dos seus respectivos municipios e sobre os eventos e festas máis importantes.

A continuación, cedeireses e canarias desplazáronse ata o núcleo de San André de Teixido, onde se encontraron co presidente da Asociación San Andrés Eventos, Jorge Bellón. Moreda Gil explicoulles aos canarios a historia do santuario e as particularidades da peregrinación que fai de morto “se non se vai de vivo”, mentres que Bellón falou da rapa das bestas, un costume milenario que aos majoreros lles interesou particularmente porque contan tamén, entre as súas propias tradicións, cunha actividade en torno ás cabras. O percorrido continuou polo curro onde ten lugar a rapa e pola garita de Herbeira, aínda que a presenza de néboa impediu gozar alí das impresionantes vistas dos acantilados máis altos da Europa occidental.

Os representantes do Ayuntamiento de Pájara estiveron tamén moi interesados pola atención que presta o Concello de Cedeira á xestión sostible do turismo, respectando e coidando os recursos naturais e paisaxísticos da vila, en particular ao respecto do Xeoparque do Ortegal.

Pola tarde, a xornada seguiu polo centro da vila, onde vistaron o Museo Mares de Cedeira para coñecer a historia e patrimonio mariñeiro. Posteriormente fíxoseunha visita á Confraría, onde a comitiva tomará contacto con representantes da entidade que lles falará das tradicionais artes de pesca utilizadas, o tipo de especies capturadas, etc. E a visita rematou na lonxa de Cedeira, onde viron a puxa do pescado e o seu funcionamento.