Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Membros do goberno local de Cedeira coñeceron servizos municipais carballeses

MENBROS DO GOBERNO LOCAL DE CEDEIRA COÑECERON SERVIZOS MUNICIPAIS CARBALLESES

En xaneiro estiveron en Carballo representantes de Ponteareas.

Unha delegación do Concello de Cedeira visitou onte o Concello de Carballo. Acudiron o alcalde, o socialista Pablo Moreda, e os edís María Xosé Rodríguez, do BNG, e Camilo Casal, de Anova. Foron recibidos polo rexedor, Evencio Ferrero, e os edís Milagros Lantes e Luis Lamas.

Os membros do tripartito que goberna Cedeira interesáronse, sobre todo polo funcionamento do contrato de iluminación pública, o primeiro de Galicia con leds en toda a rede. Desde o executivo carballés explicáronlles que conseguiron un aforro do 80 % do consumo.

Tamén se interesaron polos servizos que prestan os centros especiais de emprego, como ocorre con Aspaber coa limpeza viaria e de edificios. O alcalde destacou a satisfacción polo resultado e pola integración. Falaron, ademais, do uso de solares privados como aparcadoiros provisionais. Os cedeirenses pediron máis información sobre o sistema.

En xaneiro estiveron en Carballo representantes de Ponteareas.

Fonte: La Voz de Galicia

Pode consultar a nova na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Membros do goberno local de Cedeira coñeceron servizos municipais carballeses