RESIDUOS
RESIDUOS
Dende o departamento de medioambiente trabállase para mellorar os índices de separación de residuos e, reducir así a cantidade destes que se deben envían a tratar, co obxectivo de avanzar na conservación do medio e tamén de diminuír os custes económicos asociados, a través dunha xestión máis eficiente dos mesmos.
O concello ofrece unha ampla gama de colectores para depositar os diferentes residuos; e facilita tamén a recollida a través do punto limpo fixo e a domicilio, no caso de enseres ou residuos de gran porte.
Residuos orgánicos ou biorrresiduos
Compostaxe doméstica
O concello de Cedeira impulsa o Programa de Compostaxe Doméstica , ofrecendo á veciñanza composteiros de forma gratuíta. Este programa vense desenvolvendo dende o ano 2016, en colaboración con SOGAMA, con fondos propios do concello e a través de axudas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda dotadas con fondos do plan europeo Next Generation.
A elaboración de compost na casa ten moitas vantaxes, tanto medioambientais como económicas: reduce considerablemente o residuos que van aos colectores, produce abono orgánico rico en nutrientes, é fácil de manter e supón un aforro nos custes municipais polo tratamento de residuos.
Solicitude composteiro doméstico
Proxecto Ti tes a chave
É un proxecto de recollida separada de biorresiduos, no que os habitantes da zona urbana se acollen ao voluntariado marrón e, se comprometen a depositar os residuos orgánicos compostables en colectores específicos.
A cada familia participante entrégaselle un kit de participación que consiste nun caldeiro, bolsas compostables para recoller os residuos e unha chave coa que poder acceder ao colector marrón para depositar os residuos.
Folleto informativo Ti tes a chave
Todas aquelas persoas que desexen participar poden facelo solicitando a súa alta no programa, ben pasando pola casa do Concello ou ben a través do formulario seguinte
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeXm-3d6HyxS29M-4A0A3Ngk-4aGIGe1DbJfmYD7ohuzuc1_g/viewform
Aceites de cociña
Débense depositar nos colectores habilitados para tal fin, repartidos polo termo municipal. Terán que ir envasados en botellas de plástico pechadas. Para facilitar a separación do aceite, dende o concello ofrécense funís adaptables ás botellas, e poden solicitarse de balde ata fin de existencias, na casa do concello.
Porqué e como separar o aceite doméstico
Na seguinte ligazón pódense consultar as localizacións onde están situados os colectores.
Ubicación dos colectores de aceite doméstico
Como e onde separar o aceite doméstico
Medicamentos. Deben ser depositados no punto SIGRE de calquera farmacia.
Envases de produtos fitosanitarios (herbicidas, insecticidas, funxicidas, etc.). Deben ser levados aos establecementos en que se compran.
Pilas e baterías de todo tipo, teléfonos móbiles, lámpadas de baixo consumo, etc. Deben ser depositados nos contedores situados na Praza da Marieta, na Praza de Galicia e no Punto Limpo.
Roupa e calzado. Colectores específicos de roupa e calzado
Outros residuos: mobles, voluminosos, electrodomésticos, etc. Deben ser depositados no Punto Limpo.
O horario de apertura do Punto Limpo é o seguinte:
- Mércores: de 15.30 a 19.30 h.
- Sábado: de 10.00 a 14.00 h.
Punto limpo
Na seguinte ligazón pódese consultar toda a información sobre a recollida de residuos voluminosos e perigosos no Concello:
IR Á LIGAZÓN Recollida de residuos voluminosos o perigosos
Por razóns económicas e ambientais, existe unha clara necesidade de reducir, reutilizar e reciclar os nosos residuos. Sendo de gran importancia a colaboración e implicación veciñal nesta materia.