A reciclaxe no fogar consiste, basicamente, en non mesturar os residuos que xeramos e depositalos en contedores apropiados para mellorar o aproveitamento dos recursos.

Pódense consultar na seguinte ligazón as recomendacións do Concello de Cedeira sobre a reciclaxe:


VER PDF Cada residuo no seu colector

Cales son os residuos especiais e onde debemos depositalos

a) Aceites vexetais de cociña. Deben ser depositados nos colectores especiais repartidos polo casco urbano.

Na seguinte ligazón pódense consultar os puntos de recollida de aceites de cociña:


VER PDF Como e onde reciclar o aceite usado

b) Medicamentos. Deben ser depositados no punto SIGRE de calquera farmacia.

c) Envases de produtos fitosanitarios (herbicidas, insecticidas, funxicidas, etc.). Deben ser levados aos establecementos en que se compran.

d) Pilas e baterías de todo tipo, teléfonos móbiles, lámpadas de baixo consumo, etc. Deben ser depositados nos contedores situados na Praza da Marieta, na Praza de Galicia e no Punto Limpo. O horario de apertura do Punto Limpo é o seguinte:

  • Mércores: de 15.30 a 19.30 h.
  • Sábado: de 10.00 a 14.00 h.

e) Outros residuos, como voluminosos, electrodomésticos, etc. Deben ser depositados no Punto Limpo.


VER PDF Punto Limpo

Na seguinte ligazón pódese consultar toda a información sobre a recollida de residuos voluminosos e perigosos no Concello:

IR Á LIGAZÓN Recollida de residuos voluminosos o perigosos

Compostaxe caseira

Desde o Concello de Cedeira estase a desenvolver, en colaboración coas asociacións de veciños e as parroquias de Esteiro e Piñeiro, unha campaña piloto de compostaxe caseira (ou autocompostaxe) que, se resulta satisfactoria, pode estenderse posteriormente a outras zonas rurais que o soliciten.

Na seguinte ligazón pódese consultar a planificación desta campaña:


VER PDF Proxecto de compostaxe caseira

Como se xestionan os residuos que producimos

Da reciclaxe de aceites de cociña pódese obter biodiésel. Deste xeito redúcese o seu impacto na natureza e diminúese o uso dos combustibles fósiles convencionais.

Do proceso de reciclaxe del vidro é responsable Ecovidro, entidade sen ánimo de lucro, igual que Ecoembes, que xestiona a recollida de papel e cartón.

A maior parte dos residuos que se producen estanse a verter en contedores verdes (fracción orgánica) e amarelos (envases de plástico, latas e briks). Estes residuos lévanse a SOGAMA, empresa pública autonómica creada no año 1992.

Por razóns económicas e ambientais, existe unha clara necesidade de reducir, reutilizar e reciclar os nosos residuos.

VER PDF Consellos para reducir e reciclar