Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Medio ambiente organiza una charla sobre asesoramiento enerxético para o próximo xoves na sala Áncora

MEDIO AMBIENTE ORGANIZA UNA CHARLA SOBRE ASESORAMENTO ENERXÉTICO PARA O PRÓXIMO XOVES NA SALA ÁNCORA

Coñecer como está estruturada a factura da luz e saber facer reclamacións diante das compañías comercializadoras de electricidade son só dous dos contidos que se abordarán na charla sobre asesoramento enerxético organizada pola concellería de Medio Ambiente de Cedeira para o próximo xoves. A sala Áncora acollerá esta actividade, de entrada libre, a partir das oito da tardiña.

O Concello conta coa axuda da Axencia da Enerxía, dependente da Deputación da Coruña, para a celebración dun acto que correrá a cargo dunha técnica da Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (Faepac). Tramitación de axudas e mercado libre e regulado das tarefas eléctricas son outros dos temas previstos.