Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Medidas propostas pola FEGAMP para os Concellos de Galicia

O 14 de marzo constituíuse o Centro de Coordinación Operativa do Plan de emerxencia de Galicia (CECOP) para enfrontar a crise do coronavirus coa representación dos concellos e diputacións, e o presidente da FEGAMP Alberto Varela plantexou necesidades e problemas que esta situación está a presentar ás entidades locais.

Así, na reunión mantida no día de onte, acordouse propoñer adopción das seguintes medidas nos Concellos Galegos, dende o 16 de marzo e ata o día 29 de marzo de 2020:

1.-Protección ás persoas sen fogar:

  • Apertura dos albergues de pernocta.
  • As cociñas económicas, comedores sociais, centros de atención social continuada funcionarán limitando a presenza simultánea de persoas a un terzo da súa capacidade.
  • Os centros de día de inclusión social suspenderán a súa actividade agás os servizos de hixiene (ducha ou lavandería) e os servizos de “calor e café”.

2.-Comercio retallista:

  • Poderán continuar abertas e con actividade establecementos de ferraxaría, pintura, vidro, ópticas, venda ambulante de alimentación a domicilio en camións tenda.
  • Aclárase que a actividade da lonxas si pode continuar.
  • Suspéndese a actividade nos concesionarios de automóbiles agás os servizo de reparación.

Os establecementos comerciais autorizados a funcionar teñen liberdade horaria.

3.-Suspéndese a actividade de academias, autoescolas e barbarías.

4.-Aclárase que os gabinetes de psicoloxía e pedagoxía poden manter a súa actividade.

5.-En canto ao Servizo Público de Emprego: non será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril, os trámites urxentes realizaranse na oficina virtual ou por teléfono, suspéndense as citas de orientación laboral, as prestacións consultaranse na web do SEPE (https://www.sepe.es).

6.-Atención a peregrinos do Camiño de Santiago: tras o peche dos albergues da rede pública habilítase un servizo de acollida provisional no albergue público Monte do Gozo (Santiago de Compostela) para os peregrinos que están en tránsito e mentres non dispoñan de medios de regreso ou aloxamento. Os albergues públicos pechados deberán pór información de orientación no exterior.

7.-Suspéndese a pesca fluvial e a caza (agás autorizacións especiais).

8.-Suspéndese o desembarque e actividades no Parque Nacional das Illas Atlánticas agás no caso dos/as veciños/as das illas, o persoal do Parque e os profesionais da pesca ou marisqueo.

9.-Suspéndense as queimas.

10.-Suspéndense ás visitas aos centros residenciais de servizos sociais agás casos excepcionais debidamente autorizados.

Nas seguintes ligazóns pode consultar o texto aprobado polo CECOP da FEGAMP e a súa publicación no DOG:

IR Á LIGAZÓN Medidas aprobadas pola FEGAMP 15 de marzo

IR Á LIGAZÓN DOG Acordo do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia