saltar al contenido Saltar a la barra lateral izquierda Saltar a pie de página

Mares Cedeira entra en la red como colección visitable museos de Galicia

CEDEIRA SEAS entra en la red GALEGA MUSEO colección como VISITABLE

En pouco máis de nove meses desde a inauguración, o 23 de xullo de 2016, o Museo Mares de Cedeira logrou o recoñecemento do Consello da Xunta como colección visitable, pasando a formar parte da rede museística galega, que conta con outras 18 salas deste tipo e dous museos. Unha colección visitable non reúne todas as condicións para ser un museo, pero dispón dun horario regular de acceso, para o público e para o persoal investigador, segundo establece a lexislación. E conta, ademais, con «atencións básicas que garantan a súa custodia e conservación», como ocorre coa sala situada na planta baixa da confraría de pescadores, entidade que colaborou no proxecto da Asociación Mares de Cedeira, xunto ao Concello. «Estamos contentos polo curso que levou o expediente, moi curto, porque xa lles presentamos a maioría dos documentos de xeito previo, e cando viñeron facer a inspección viron que era unha realidade», recoñecía onte José Rodríguez Arribe, Jose de Vigo, ideólogo da iniciativa, na que traballa desde o principio con Eduardo González Villarnovo, Eduardo do Consinto, e Vicente Rey Vilarelle. Só lamenta que non chegase a tempo para poder optar ás axudas da Deputación. «Pero estamos felices, sobre todo polo recoñecemento do pobo, que xa considera Mares de Cedeira como algo propio», subliña.

Fuente: La Voz de Galicia

Puede consultar la noticia en el siguiente enlace:

Ir al enlace Mares Cedeira Galicia entra en la red como colección de los museos visitados