INFORMACIÓN CURSO GRATUITO PARA PERSOAS DESEMPREGADAS

Dende Unións Agrarias – UPA estamos a impartir o curso “Manexo de cultivo ecolóxico de mazá”. Este curso impartirase en modalidade a distancia, ten unha duración de 100 horas, é totalmente gratuíto e vai dirixido a persoas en situación de desemprego de calquer sector de actividade.

No tríptico que achegamos especifícase a temática do mesmo, así como outra información de interese. A matrícula é aberta e as persoas interesadas xa se poden matricular; o prazo máximo para matricularse no curso é o 30 de septembro.

Este curso enmárcase dentro do proxecto REDNAMAN que estamos a levar a cabo a través do Programa Empleaverde. O Programa Empleaverde do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente é a iniciativa da Fundación Biodiversidade para o impulso e a mellora do emprego, o emprendemento e o medio ambiente. Está cofinanciado polo Fondo Social Europeo ( FSE) no marco do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación 2014-2020.

Para calquera dúbida ou consulta poden poñerse en contacto connosco a través dos seguintes medios:

Correo-e: formacion.unions@upa.es

Teléfono: 981 530 500

Descarga Tríptico do curso

Tríptico FD_DEF