I certame de teatro afeccionado de Cedeira
I CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO DE CEDEIRA
Coa intención de achegar o teatro afeccionado á veciñanza de Cedeira, a concellería de cultura convocou este I Certame de Teatro Afeccionado.
Presentáronse un total de once obras de oito compañías, ás que queremos agradecer a súa participación e invitamos a vindeiras convocatorias.
Os grupos seleccionados para o I Certame de Teatro Afeccionado de Cedeira e o calendario é o seguinte:
- Venres 4 de novembro – O Aturuxo de Melpómene coa obra “Misterios” de Paula Carballeira
- Venres 11 de novembro – Asociación de Teatro Aficionado Parteluz coa obra “A noite vai coma un río” de Álvaro Cunqueiro
- Venres 18 de novembro – Asociación Dramatúrxica Pico do Castro de Foz coa obra “O consultorio”
Todas as funcións realizaranse no Auditorio Municipal de Cedeira ás 20:00 h. e a entrada será gratuíta.
Invitamos a todas e todos os veciños a achegarse a estas funcións.