Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Guías de boas prácticas na prevención do coronavirus para os establecementos do sector comercial, comercio a distancia e abastecemento de zonas rurais sen locais comerciais

Tras a Conferencia Sectorial extraordinaria en materia de COMERCIO, na que as tres Administracións (Estado, Comunidades Autónomas e Concellos) traballaron para dar unha resposta coordinada ao coronavirus, publícanse dous Guías de Boas Prácticas dirixidas ao sector comercial.

A primeira Guía, denominada MEDIDAS DE CONTENCIÓN DO COVID-19 NO DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE COMERCIAL A DISTANCIA E ABASTECEMENTO DE ZONAS RURAIS SEN LOCAIS COMERCIAIS, está dirixida ao desenvolvemento da actividade de venda de produtos on- line e/ou por teléfono e á venda itinerante en municipios que carecen de locais comerciais, e, por tanto, da seguridade de abastecemento de produtos de primeira necesidade. Consideramos de importancia o referida ao ABASTECEMENTO DE ZONAS RURAIS para os concellos de pequeno tamaño e zonas rurais, indo dirixidas estas recomendacións aos vendedores ambulantes e/ou itinerantes. Dado o escenario, trátase de combinar a prudencia extrema (trátase de municipios onde predomina unha poboación maior extremadamente vulnerable) coa necesidade dun abastecemento adecuado.

A segunda Guía, denominada GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS PARA OS ESTABLECEMENTOS DO SECTOR COMERCIAL, vai dirixida aos establecementos comerciais que permaneceron abertos de acordo co establecido polo Real Decreto 463/2020. Contén, entre outras, recomendacións de protección fronte ao virus, medidas de hixiene do persoal, de hixiene no establecemento, medidas organizativas, medidas de protección dos traballadores/ as, ou de abastecemento.

Para a elaboración destas Guías de Boas Prácticas tivéronse en conta as diferentes instrucións e recomendacións elaboradas polo Ministerio de Sanidade.

DESCARGA Guía de boas prácticas para os establecementos do sector comercial

DESCARGA Guía de recomendacións para o desenvolvemento da actividade comercial a distancia e abastecemento de zonas rurais sen locais comerciais.