Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

“GARANTIR A RECICLAXE É UN XESTO DE RESPONSABILIDADE”

No marco do Día Internacional da Reciclaxe, celebrado o pasado 17 de maio, desde Sogama lanzouse unha pequena campaña co obxectivo de recordar a relación de residuos que deben e non deben depositarse en cada contedor de recollida selectiva, e apelar á responsabilidade, tanto individual como colectiva, para propiciar a transformación dos refugallos en novos produtos, evitando deste xeito o exacerbado consumo de materias primas virxes.