Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

FESTIVAL DE PRIMAVERA DAS ATURUXEIRAS

O Auditorio Municipal de Cedeira acolle hoxe sábado o Festival de Primavera da asociación cultural Aturuxeiras. Como o seu nome indica, a entidade está integrada por mulleres cedeiresas que gostan dos aturuxos e da música e o baile galego, e que o practican case sempre cunha boa dose de teatro e bo humor. A partir das 19.00 horas subirán ao escenario os Muiñeiros do Sarela, procedentes de Santiago de Compostela, e as propias Aturuxeiras.

Para esta fin de semana está tamén programado o concerto das Letras Galegas, no que actuarán a Banda de Música Vila de Cedeira e a agrupación folclórica Buxainas. Actuarán a partir das 19.00 horas no Auditorio Municipal.