Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Exposición no palacete das obras presentadas ao certame de fotografía “Obxectivo Cedeira”

EXPOSICIÓN NO PALACETE DAS OBRAS PRESENTADAS AO CERTAME DE FOTOGRAFÍA “OBXECTIVO CEDEIRA”

O palacete municipal de Cedeira acolle desde hoxe a exposición do concurso de fotografía “Obxectivo Cedeira” organizado polo Concello. Trátase dunha mostra na que se recollen os traballos presentados ao certame, ademais de tres debuxos feitos con carbón vexetal por outros tantos alumnos de bacharelato do IES Punta Candieira.

Entre as obras expostas os visitantes teñen a posibilidade de coñecer un pouco máis de cerca as galardonadas. Estas foron: 1º premio, “Aí veñen”, de María Montserrat López García; 2º premio, “Preparando la faena” de Elena Abad Martínez, e 3º premio, “Sonreiras” de Alberte Couto.

A exposición estará aberta ao público ao longo do presente mes e pode se visitar en horario de apertura da Oficina de Turismo, de luns a venres de 9.00 a 15.00 e de 16.00 a 19.00 horas e os sábados de 10.00 a 14.00 horas. Os domingos permanece pechada.