Xuntanza e ruta cabalar
-
Data
28 Setembro, 2019
-
Hora
9:00 am - 8:00 pm
A Asociación Ecuestre A Crina de Cedeira organiza coa colaboración do Concello, a Xuntanza e ruta cabalar que terá lugar no polígono industrial da Trabe.
O programa dará comezo ás 9.00 horas e inclúe unha saída polos montes da Capelada, unha comida e probas de andadura galega cronometrada e de calidade ao longo de toda a tarde, así como o premio ao mellor cabalo ou egua. A hora límite para a medición e inscrición dos cabalos será ás 14.00 horas. A entrega de premios estará amenizada polo dúo “Deluxe”.