Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Xornada “O proxecto de xeoparque do Cabo Ortegal como axente dinamizador do turismo e o desenvolvemento sostible”

Este evento terminou

Esta xornada ten como obxectivo achegar á poboación local información sobre que é un xeoparque, explicar que se está a facer e que implicacións e beneficios ten a súa declaración. Deste modo todas as entidades localizadas no territorio obterán información de primeira man sobre o traballo que se leva desenvolvendo arredor da declaración desta figura e da candidatura na que se está a traballar, cuxo obxectivo final é o de ter unha ferramenta que mellore o futuro da bisbarra.
Terá lugar hoxe no Auditorio Municipal ás 19:00 horas.

A inscrición á xornada informativa, totalmente gratuíta, podes facela na seguinte ligazón:
bit.ly/XornadasXeoparqueCaboOrtegal