Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Xornada de presentación de resultados do Proxecto “Limpeza de zonas de marisqueo a pé de Cedeira afectadas pola acumulación de lixo”

Este evento terminou

A Confraría de Pescadores de Cedeira e a Agrupación de Marisqueo a pé, organizan a Xornada de presentación de resultados do Proxecto “Limpeza de zonas de marisqueo a pé de Cedeira afectadas pola acumulación de lixo”, iniciativa enmarcada no Plan MarLimpo- Mar Vivo da Consellería do Mar da Xunta de Galicia para proxectos colectivos para a Protección a Recuperación da Biodiversidade dos Ecosistemas Mariños no Marco de Actividades Económicas Sustentables Mediante a Recollida de Residuos Mariños.
A xornada celebrarase o día 10 de outubro de 2022 en horario de 12:00 h a 13.00 h no Salón de Actos da Confraría de Pescadores de Cedeira e durante a mesma farase un resumo da execución do proxecto así como dos resultados obtidos nas sesións de limpeza nas praias e das actividades de divulgación e sensibilización.
Intervirán representantes da Confraría de Pescadores de Cedeira, da Agrupación de Marisqueo a pé e de Ardora Formación y Servicios S. Coop. Galega.
Por temas de aforo é preciso inscribirse enviando un correo a ardora@ardoraformacion.com antes do 07/10/2022.