Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Xeorruta – Ruta Os Cantís

Este evento terminou

Hoxe venres 2 de abril de 16:30 a 19:30h.

Con esta xeoruta existe a posibilidade de contemplar unhas impresionantes vistas panorámicas da Serra da Capelada, descubrindo así unha salientable estrutura xeolóxica de máis de 400 metros de altitude e rochas de hai millóns de anos.

Os grupos serán máximo de 5 persoas e a dificultade é baixa.

A participación é de balde e os interesados deben inscribirse desde 7 días antes polas seguintes canles:

  • A través da oficina de Turismo (Avda. Castelao 18 – Cedeira)
  • Correo electrónico mar.lopez@cedeira.gal
  • Teléfono 981 482 187
  • A través do blog rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com