V Certamen de Pintura Rápida “Vila de Cedeira”

Este evento terminou

O concurso dará comezo ás dez da mañá e rematará ás cinco da tarde. As persoas interesadas deben apuntarse, antes das 10.00 horas, no punto de información turística situado na praza da Marieta.

Convocatoria aberta á participación de afeccionados e profesionais, que este ano repartirá un total de 1.800 euros en premios. Así, a devandita cantidade repartirase entre os 800 euros que recibirá o primeiro clasificado, os 600 cos que se premiará ao segundo e os 400 que a organización entregará ao terceiro.