Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Unhas gafas como as do avó

Hoxe 29 de maio ás 19.00 h. no Auditorio Municipal.

Entrada 2,5€.
(Lingua de signos – Lingua oral). Público Infantil (4 – 10).

Laura é unha nena moi inquieta que todo o tempo anda á procura de aventuras que vivir. No xardín da súa casa xoga ó seu xogo favorito: Soñar cos ollos abertos. Desta maneira pode explorar mundos lonxanos inimaxinables construídos dende a súa atolada imaxinación. Un día sente curiosidade polas gafas do seu avó; como se verá a través delas? O que comeza sendo unha pequena trasnada acaba por convertirse na maior de tódalas aventuras.

“UNHAS GAFAS COMO AS DO AVÓ” é un espectáculo inclusivo en lingua oral e lingua de signos. Nel as dúas linguas se misturan creando un espazo inclusivo para persoas xordas e oíntes a palabra falada e a palabra signada se miran de igual a igual. Unha oportunidade para as persoas oíntes para coñecer a “cultura xorda”. Unha oportunidade para as persoas xordas de participar dun espectáculo feito á súa medida.

Pódense reservar entradas desde dez días antes e ata o mesmo día pola mañá ou peche de taquilla por cheo:

  • Correo electrónico enrique.vazquez@cedeira.gal
  • Whatsapp no número 649876614 indicando o nome das persoas que asistirán e un número de teléfono. En horario de 9.00 a 14.00 h.