Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Troyanos de Compostela

Este evento terminou

Sábado 8 de outubro. 20.00 h no Auditorio Municipal.

O espectáculo consiste nunha viaxe musical no tempo pola música de estudantes e Tunas en Compostela, dende finais do século XIX, época na que se desenvolve a novela “La Casa de la Troya”, de D. Alejandro Pérez Lugín, ata a actualidade. Nesa viaxe, Troyanos deCompostela interpreta o seu repertorio e vai contando ao público historias e anécdotas de Santiago, explicando a relación con Lugín ou coa Compostela Troiana de persoas senlleiras da nosa cultura, como Rosalía de Castro, Castelao, Curros Enríquez ou o Mestre Chané.