Teatro “Respirar”
-
Data
13 Abril, 2019
-
Hora
8:00 pm - 11:00 pm
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
A Rede Galega de Teatros e Auditorios trae ao Auditorio municipal, a partir das 20.00 horas ‘Respirar’ un proceso fisiolóxico indispensable para a vida. Con máis de 15 anos de experiencia sobre os escenarios, Andrea Pousa presenta o seu primer álbum en solitario RESPIRAR.
Hai un punto, arredor de certas músicas, onde todos nos sentimos limitados a hora de ter que etiquetalas, mesmo verbalizalas.
Ese é o mundo onde a voz emocionante de Andrea Pousa habita e da forma, a través dun puñado de cancións diversas, picando aquí e alá; lirismo, tradición, vanguardía, popular… Todas elas cancións orixinais, excepto unha versión innovadora da coñecida “Negra Sombra” de Rosalía de Castro e Xan Montes.
Cancións interpretadas en galego, castelán e portugués, e producidas polo compositor e músico Nani García, trátase dun traballo elaborado con moito gusto que sabe sacar a verdadeira esencia de Andrea Pousa, con unha calidade musical e artística moi sofisticada.
Entrada: 3,50 euros.