Teatro Infantil e Familiar – “Os Romeiros do Caracol”
-
Data
16 Maio, 2019
-
Hora
8:30 pm - 9:30 pm
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
Fantoches Baj presenta “Os Romeiros do Caracol” desde as 20.30 horas no Auditorio Municipal, obra recomendada para maiores de 5 anos.
Sinopse: San Andrés de Teixido é un dos santuarios máis importantes de Galicia pola súa riqueza ritual é folclórica e é por iso que lle prestaron atención moitos etnógrafos e estudosos recoñecidos como Xoana Torres, Fernández del Riego e o homenaxeado no 2019 co día das Letras Galegas Antonio Fraguas Fraguas.
Títeres, cartel de cego, máscaras, reque-reque e un limberjack son algúns dos recursos do teatro popular que utilizaremos neste espectáculo con música en directo interpretada polo acordeón diatónico de Carlos Quintá.
Entrada: libre.