Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Teatro: “Dreaming Juliet“ de Elefante Elegante

Este evento terminou

Hoxe 1 de maio ás 20.00 h. no Auditorio Municipal.

Entrada 2,5€.
Público adulto.

Dreaming Juliet é a nova creación para público adulto do Elefante Elegante. O espectáculo inspírase na peza “Romeo e Xulieta” de W. Shakespeare para abordar a cuestión máis esencial da existencia humana: o amor. A paixón, a familia e a maternidade son os temas intrínsecos da obra e o teatro físico e visual a ferramenta da creación. A peza do dramaturgo inglés é un referente universal porque os seus protagonistas logo de amarse desenfreadamente teñen un funesto final. Dreaming Juliet pretende reflexionar sobre o futuro de Romeo e Xulieta caso non tivesen morrido. Que acontecería ao seu profundo amor se acabasen formando familia e tivesen que enfentar a rutina de tódolos días?.

 

Pódense reservar entradas desde dez días antes e ata o mesmo día pola mañá ou peche de taquilla por cheo:

  • Correo electrónico enrique.vazquez@cedeira.gal
  • Whatsapp no número 649876614 indicando o nome das persoas que asistirán e un número de teléfono. En horario de 9.00 a 14.00 h.