Teatro – “Cinco minutos sen respirar “

Este evento terminou

Desde as 19.00 horas no Auditorio Municipal, Ítaca Teatro presenta a súa obra “Cinco minutos sen respirar” de Gustavo Ott, dentro do programa Nós contra a violencia da Rede de Dinamización Lingüística.

Dirixida por Calos Neira , “Cinco minutos sen respirar” retrata os anhelos, o medo e a escuridade que pode albergar unha persoa a través de dous personaxes: Margarita, unha (ex)empregada de banca, e Víctor, supervisor nun supermercado. A montaxe é unha proposta baseada no traballo de interpretación e cunha dirección escénica que incide nos delirios e nas dualidades propias do mundo de hoxe.

Entrada: gratuíta.

Público: adulto.