Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Teatro “As oito da tarde, cando morren as nais”

Este evento terminou

O Auditorio Municipal acollerá catro funcións do 19 ao 22 de maio, unha delas para o público escolar.

  • xoves 19 de maio ás 12.00h actuación escolar.
  • venres e o sábado, días 20 e 21, ás 21.00h, e o domingo, día 22, ás 19.00h.

“As oito da tarde, cando morren as nais” é a nova produción do Centro Dramático Galego, a primeira que sae da capital galega este ano. Marta Pazos é a responsable da dirección e a dramaturxia e o elenco está formado por Camila Bossa, Sabela Domínguez, Xosé Manuel Esperante, Davide González, María Llanderas, Alba Loureiro e Toni Salgado. O público é protagonista nesta montaxe, dirixida a maiores de 12 anos e con intérprete de lingua de signos, audiodescricións e subtítulos en todas as representacións para as persoas con discapacidade auditiva ou visual.