Samaín 2019
-
Data
31 Outubro, 2019
-
Hora
10:00 am - 10:00 am
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
Pasiño a pasiño imos facendo o noso camiño, e trinta anos de tallas, sustos e medos, trinta edicións de arte efímera, de veciñas e veciños que acompañan a pequenas e pequenos a unha festa que onte desfrutaron eles. O programa de actividades do día de hoxe é o seguinte:
17.30 horas: As parábolas de Pakolas actuación no Auditorio de Cedeira.
As Parábolas de Pakolas chega da man de Paco Cerdeira como espectáculo de pequeno formato no que este, “Pakolas”, interpreta en directo unha escolla dos seus temas propios para público infantil, con música xirando en torno ao rock e outros estilos que entusiasman aos cativos e cativas, e con letras sempre axeitadas para os máis pequenos.