Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Proxecto Museo Terras de Cedeira

Este evento terminou

Desde o concello de Cedeira estamos a traballar no proxecto Museo Terras de Cedeira que agardamos poida servir de expositor da nosa historia, de xermén de traballo e discusión de novos proxectos en colaboración viva coa veciñanza e de lugar de encontro para as proxectos que estén a desenvolverse xa desde outras entidades, asociacións ou mesmo particulares.
De cara a que non quede fora deste proxecto ningunha persoa que poidera gostar de participar nel, o vindeiro 8 de xaneiro ás 20.00 h. teremos unha reunión no Auditorio Municipal de Cedeira na que falaremos dos obxectivos que queremos acadar con este proxecto, do seu modelo de xestión, e das formas en que se poden incluír as posibles participacións da veciñanza.

Para asistir á reunión é obrigatorio confirmar asistencia a través:
📱 whatsapp no número 649 876 614
📧 correo electrónico enrique.vazquez@cedeira.gal.

Aquelas persoas que quixeran asistir e non poideran facelo de xeito presencial poden facernolo saber a través desas mesmas canles para facilitar a súa presenza de xeito virtual ou achegarlle o resultado da reunión.