Proxecto “LÓVA”

Este evento terminou

Este evento é o resultado do traballo de todo o ano do alumnado de 4º da ESO do IES Punta Candieira a través da Biblioteca Escolar do centro.

A través do proxecto LÓVA (La ópera vehículo de aprendizaje) o alumnado creou a súa propia compañía, 4’EM:ME, e unha ópera en tres actos que leva por título “Apaga as luces”. De maneira asamblearia e por consenso, ao longo do curso crearon a compañía, textos, música, escenografía, iluminación repartíndose os roles das distintas profesións que podemos atopar nunha compañía: dirección, escenógrafos/as , cantantes, músicos/as, relacións públicas, documentalistas…

Terá lugar no Auditorio Municipal – IES Punta Candieira ás 20:00 h.