Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Presentación do libro-cedé “O Colo das Palavras. Unha grainha de Semente”

Este evento terminou

Hoxe sábado 22 de maio ás 20:00h no Auditorio Municipal.

“O Colo das Palavras” é unha escolma de poemas de Antón Cortizas e a súa familia, musicados por diferentes artistas, que editou a asociación Semente Trasancos. Na presentación de Cedeira estará Antón Cortizas e tamén parte dos músicos que participaron no proxecto, para interpretar estas cancións dirixidas ás crianzas. Actuarán Xurxo Souto, Óscar Fojo, Fatado do Colo, Sofía Espiñeira e Manolo Bacallau, e nesta inmersión musical e linüística terán tamén o seu sitio dous grupos locais, “Perrallada” e “A Banda da Biblio”, formados por mozos e mozas do IES Punta Candieira.