Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Paula Carballeira presenta Elas tres (a nai, a nena e a bruxa) e moitas outras…

Hoxe 12 de decembro ás 20.00 h. no Auditorio Municipal.

Unha nena é a protagonista da súa historia. Nada máis sinxelo. Nada máis difícil. Na historia da nena hai unha nai, que tamén foi nena, e unha bruxa, que tamén foi nena. Todas son protagonistas. Todas son intelixentes, astutas, valentes. Ás veces conseguen os seus obxectivos, ás veces non,pero nunca se renden. Nesta selección de contos, recreacións da tradición galega, escóllense historias como a dos “Catro camiños”, onde nos enfrontamos ao medo de camiñar por lugares escuros e conseguimos ser un chisco máis libres; “O mellor consello”, onde unha rapaza busca desesperadamente un consello que lle permita tomar as súas propias decisións ou “Os perigos de fóra”, na que unha nai mosquita apréndelle á súa filla a vencer os perigos de dentro para poder vencer os perigos de fóra.

Público Infantil – Entrada gratuíta