Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Obra “Quixote” da compañía Pedras de Cartón

Este evento terminou

Hoxe sábado 5 de febreiro ás 19.00 h poderemos desfrutar no noso Auditorio da obra “Quixote” da compañía Pedras de Cartón.

Entrada 2,5 €

Reserva anticipada:

  • whatsapp no número 649876614
  • correo electrónico a enrique.vazquez@cedeira.gal até o venres 4 de febreiro ás 14.30 h.

PREMIO BARROCO INFANTIL NO XLIV FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO CLÁSICO DE ALMAGRO.

“Quixote” é un xogo cómico inspirado na coñecida obra de Cervantes. Un espectáculo para achegar os clásicos a toda a familia con humor e case sen palabras, no que Don Quixote viaxa polas terras de Castela co seu velocípedo, acompañado do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas.

O segundo espectáculo de Pedras de cartón traballa, de esta volta, cunha estética achegada ás películas de pallasos de Fellini.

Dirixido por Laura Sarasola e interpretado por Juan Rodríguez e Pablo Sánchez, conta coa banda sonora orixinal de Davide González e un coidado vestiario realizado por Diego Valeiras.