Obra de teatro infantil “Mai Mai”
-
Data
1 Setembro, 2019
-
Hora
6:00 pm
Hoxe domingo 1 de setembro no auditorio Municipal, dentro das actividades programadas pola Rede de Dinamización Lingüística no seu programa “Nós contra a violencia”, poderemos desfrutar da obra de teatro infantil “Mai Mai” da compañía Baobab Teatro. A función será ás 18:00 h. con entrada gratuíta.
“Mai Mai” é a historia do último Oso Panda do planeta e a súa loita por sobrevivir, a falta de comida e os problemas ocasionados polo quentamento global fan difícil a supervivencia desta especie. Unha muller forte e emprendedora e un famoso fotógrafo comezan unha viaxe por separado para atopar o último Panda do planeta, toda unha aventura na que se atoparán unha chea de problemas que solventar….
Unha historia tenra e moi divertida onde se mestura o amor, a codicia, o éxito e a concienciación medioambiental. Unha historia que fala de revolución, que plasma o empoderamento da muller e nos fará meditar sobre o que estamos a facer con nós e co noso planeta.