Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Musicreques presenta: “As aventuras de Iván e o Lobo Gris”

Este evento terminou

Hoxe ás 19:00h no auditorio municipal Musicreques presentan “As aventuras de Iván e o Lobo Gris”, vai dirixida a un público infantil de 3 a 12 anos. Entrada única 2,5 €

“Iván e o lobo gris” é unha historia de guión propio na que os monicreques representan un conto con personaxes e situacións típicos dos contos tradicionais rusos. A historia é compañada da enérxica e maravillosa música das Danzas Eslavas de Antonín Dvórak, interpretadas ao piano en directo. O emprego de diapositivas con debuxos de Iván e outros personaxes do conto, permite coñecer as peripecias do protagonista Iván na súa viaxe polo bosque, complementando aínda máis o espectáculo de música e monicreques.

Sinopse: Iván, o noso protagonista, terá que cumprir unha perigosa misión se non quere perder a súa cabeza. Deberá atopar ao misterioso ladrón que rouba as mazás do Rei Otón. Nas súas aventuras e desventuras de Iván polo bosque encantado coñeceremos árbores que falan, lobos, bruxas e rás biconas, e descubriremos quen destes personaxes son amigos e de quen sería mellor fuxir. Queres saber como remata todo?