Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Música: Ejazz

Este evento terminou

Hoxe venres 24 de xullo ás 21.00 H. na Praza Roxa.

Galardoadas co Premio Martín Códax da Música na categoría de grupos vocais e coros (2019 e 2017) e coa voz como único instrumento, as vocalistas galegas, Ejazz, levan percorrendo os principais clubes de jazz, salas de concertos e festivais da súa comunidade dende o 2012. Ao frente da formación encóntrase a recoñecida mestra e cantante, Carmen Rey, como arranxista e directora musical. Completan o cuarteto Ángeles Dorrio, Marga Ramos e Betty Queiro, cada unha delas cos seus proxectos en solitario e con extensas traxectorias musicais.