Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Mostra fotográfica “Amantes da Música”

Este evento terminou

Hoxe 3 de xullo, ás 20.00 horas no Palacete Municipal.

A exposición recolle 62 imaxes tomadas por Darío López e Luis Losada como resultado dun traballo dirixido a retratar e homenaxear ás persoas que manteñen viva a rica cultura musical da vila.

Darío López e Luis Losada, activos afeccionados á fotografía que forman parte do colectivo Ollo Atlántico e Grupo Bazán de fotografía, asistiron durante dous anos, no 2018 e 2019, a ensaios e actuacións das numerosas formacións musicais que integran o panorama musical cedeirés, para captar coas súas cámaras a intérpretes e conxuntos, tanto profesionais como amadores, en imaxes de grupo e de detalle coas que conxelaron os seus xestos e emocións. Os “Amantes da Música” que aparecen na exposición son homes e mulleres, nenos e nenas, cada quen coa súa particular forma de vivir e sentir a música.

A mostra vai permanecer aberta ao público no Palacete Municipal ata o vindeiro 26 de xullo. O horario de apertura será de luns a venres de 09.00 a 14.30 horas e de 15.30 a 20.00 horas, así como os sábados de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas e os domingos pola máñá, de 10.00 a 14.00 horas.