Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

MIP Ortegal – Música inclusiva & participativa

Este evento terminou

Músicas participativas e inclusivas nace da unión da Asociación Cultural Tres por Catro co músico, compositor e Técnico Sociosanitario, Robert Pier.

En 2016 presentaron “O poder curativo dos Mantras” terapia musical enfocada na diversidade, que se fundamenta no coñecemento e interiorización dos Mantras que o artista e terapeuta creou. Tras a gran acollida do proxecto, volven aos escenarios co alumnado de ASPROMOR, APADER Y APROM, xunto coa colaboración da Banda de Música da Vila de Cedeira, creando un espectáculo ecléctico no que se pode apreciar a excelencia, a beleza e a diversidade da música.
Un proxecto de Musicarte, a Deputación de A Coruña e os Concellos de Ortigueira, Cariño e Cedeira.

Repertorio: 1 Suite de 4 pezas/ Mantras* e a canción “Diversos funcionais” que Robert Pier e Simón García crearon con moito mimo e sentir inclusivo.