Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Incendiaria e A Quinta do Cuadrante presentan “A lúa vai encuberta”

Este evento terminou

18 de xuño ás 20.00 h no Auditorio Municipal.

Público adulto.

Entrada 2,5 €

O autor deixou unha nota no prólogo: “Esta peza teatral escribina polos anos setenta, por encargo do Grupo Teatral da Asociación Cultural Auriense que xa representara Unha vez foi o trebón. Comezados os ensaios, o grupo desfíxose”. Iso deixou escrito Manuel María pero os integrantes do grupo cos que falamos non lembran ter ensaiado a obra nin que o grupo se desfixera durante os ensaios. Aseguran non lembrar que a peza fose escrita para o Auriense pero imaxinar os ensaio nos anos 70 activou en nós unha memoria que nunca puidemos consolidar.

Na procura dunha verdade oculta, a mestura de tempos e a combinación de realidade e ficción permiten identificar o descoñecemento programado da nosa historia máis recente e a consecuente falta de conciencia dad identidade nacional galega.

A lúa vai encuberta é un espectáculo arredor da realidade galega e da loita incesante por conformar unha identidade propia, confrontándonos co noso pasado recente e as suas contradicións, desvelando un discurso que hoxe en día está sendo, senón ocultado, silenciado e que explica, en certa maneira, as razóns de por que hoxe en día o noso país ten os trazos políticos, sociais e económicos que o caracterizan.

Incendiaria e A Quinta do Cuadrante levamos a escena o texto de Manuel María como unha fonte esencial para, a través dela, entender as diferentes formas sociais e políticas que nos conformaron como país e, polo tanto, como persoas que o habitamos.