Inauguración da terceira mostra fotográfica “Cedeira no século XX”

Este evento terminou

Ás 20.00 horas no Auditorio municipal inaugúrase a terceira exposición de fotografía antiga de Cedeira, e farase entrega aos socios/as e colaboradores/as dunha revista que recolle as tres exposicións realizadas.

A exposición recolle imaxes do tinjlado, a ponte medieval, a procesión do mar, as fábricas conserveiras, os tarreos, a gandeiría, a costura, a briscada, as redeiras, e moito máis.

Esta viaxe polo tempo a través da fotografía está organizada pola Asociación de Maiores de Cedeira, coa colaboración do Concello de Cedeira e a Deputación da Coruña.