Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Ghazafelhos presenta “As pitas baixo a choiva”

Hoxe 23 de decembro ás 20.00 h. no Auditorio Municipal.

Ludivina e Tereija son dúas pitas que viven no curral da Barreira. Están agardando a visita de Ricardiño, o neno que ven ás veces xogar con elas. Pero temen que ese dia choiva, pois cando esto pasa Ricardiño tolea e persegueas ate pechalas no curral… coa axuda do Galo Chafarís e o raposo Rosende, tentarán que o neno, deixe de tolear coa choiva e sega a xogar con elas…

Adaptación do conto de Ricardo Carvalho Calero ‘As pitas baixo a choiva’. Baseado en historias de Xentes da Barreira, O lar de Clara, O país de Erika, Amores Serodios.

Público Infantil – Entrada 2,5 €