Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Galitoon presenta “The Show Moscón”

Hoxe 14 de novembro ás 19.00 h. no Auditorio Municipal.

“ The Show Moscón” é un circo ambulante de “ varietés”, presentado por un moscón gordo e rollizo. Un marabilloso circo, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que se atopan no seu interior. Nace coma homenaxe ás diferentes escolas e técnicas de manipulación, aprendidas ao longo destes anos e utilizadas nos seus distintos traballos de teatro e televisión, así como, a través da inspiración do traballo doutras compañías de teatro e circo como: Hugo & Ines, GaiaTeatro, Cia O retrete de Dorian Grey, Jordi Bertran Company ou Meigo Lioz Shem, Dentro do noso armario, poderemos gozar de verdadeiras Divas da canción, absurdos números musicais, horribles magos e mentalistas, incribles bebés equilibristas , marabillosos números de danza e un sen fin de humor…

Público familiar – Entrada 2,5 €